Autores

HARRY DORIAL

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

08 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

TEMPO ATRÁS -¡como pasa o tempo, como pasa realmente!-, na Costa da Morte houbo un Batallón Literario que dou moito de si. Aí xurdiron escritores e escritoras, poetas, xente das letras que aínda dou abondo por un bo tempo. Había mozos, maiores, novatos, consagrados, tanta heteroxeneidade que parecía unha aldea global. Tamén había algunha palla (literaria). Un día, en realidade dun ano para outro, sen avisar con voces, así como morren as estrelas das que falaba Eugenio de Andrade, o Batallón esmoreceu. Estoupou desde o núcleo por motivos mundanos e, como dicía Séneca, ata outro día, moreno. Parecía que o pulo artístico da Costa da Morte íase co nome. Afortunadamente, non foi así. Quedaron os mellores, os máis traballadores, os que seguen publicando, traballando, sofrindo, lotando, aprendendo, querendo á Costa da Morte desde as cuartillas ou o ordenador. Aí están os blogs . Falando dela en ensaios, nas viaxes, nos congresos. E perdendo. Elixir é renunciar, e dar nomes resulta inxusto polas exclusións indebidas. Mais hai que arriscarse: Miro, Modesto, Rafa, María, Alexandre, Concha, Mónica. Outros tamén. Seguen dando que falar baixiño nun mundo no que ser humanista logo será enfermidade laboral.