Soneira

HARRY DORIAL

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

04 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NON VAI pola comarca, vai por Marisol. A concelleira de Camariñas, controvertida moitas veces, traballadora sen ningunha dúbida, que para algúns xa promociona máis o topónimo do seu pobo (e iso que é de Buría, cos matices históricos que tal cousa conleva conleva) que Xosé Luis Blanco, marchou onte da corporación. Será que, como levaba 18 anos nela, un alento na vida de aquí e pouco, fíxose grande e agora ten que buscar outros lares políticos. Din que polo Hórreo lle van a dar algo que queda por San Caetano, e ela di que non sabe nada e así che vai a cousa. Marchou onte Marisol para quedar no Parlamento, a onde chegara tras correr unha lista e onde, xa desde o primeiro día que se sentou no escano, non parou de falar e preguntar e moverse pola Costa da Morte. Para uns facía ben e para outros regular, pero nunca tanto se falara na Cámara da comarca. Onte, nun pleno austero, sen placas nin homenaxes -non sei se incluso invitaría ela aos pinchos finais nun bar cos colegas-, compañeiros e oposición -¡a enemigo que fuxe..!- falaron moi ben dela. Incluso os adversarios quixeran facela filla predilecta hai uns meses, e ela non quiso. Cousas da política. Sorte na nova andaina, e que sexa boa para todos.