ARA SOLIS | O |
07 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A PRESENZA dos nazis no Fisterra seica foi ben curiosa. Insua Traba conta -páxinas atrás- que se convertían en carpinteiros de ataúdes mentres facían de espías. Non foron os únicos, como ten contado ben veces Plácido Vidal, de Laxe. Segundo este hosteleiro laxense, os alemáns fondeaban nas noites de inverno o seu submarino na parte de atrás da Insua. Así podían introducirse na vila para entrar no cinema da localidade, onde seica lles entregaban as mensaxes secretas co fin de atacar aos buques aliados que pasasen fronte ao noso litoral. O mesmo Plácido lle amosa aos seus clientes a entradas no local que pagaban os espías. O descendente do vello Vidal conta estas historias fantásticas no seu establecemento. Entre as cañas e os contos un sae marabillado do local, no que colga interesantes fotografías. Son auténticas obras de arte das que foron autores o seu pai e máis o seu avó. O que non conta Plácido é que un dos alemáns seica quedou entre nós. Namorouse dunha pesca morenocha da bisbarra. Non foi quen de sacar a solta do amor e converteuse en vendedor de coloniais. Nin sequera os seus fillos loiros como a cera das velas delataron a súa procedencia. Nin eles saben de onde saeu o seu pai.