O exilio na Costa da Morte

LUIS LAMELA

CARBALLO

GALICIA OSCURA, FINISTERRE VIVO | O |

21 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NA HISTORIA de España sempre existiron os exilados, xentes de diversas tendencias ideolóxico-políticas -liberais, carlistas, progresistas, republicanos do siglo XIX, e tamén algúns anarquistas-, pero o exilio de 1936 e anos subseguintes foi o máis dramático vivido por xeración española algunha en todos os tempos, e, por suposto, tamén aquí na Costa da Morte moitos veciños sufrieron a agonía de fuxir e o intenso dolor de querer volver e non poder, falecendo -durante a xuventude ou na vellez- nun desterro constante, lonxano e non desexado. Nestas terras do Atlántico galego, do Finis Terrae dos centurións romanos, en 1936 non existeu guerra civil algunha, pero a intolerancia e a intransixencia dos que se uniron e apoiaron os militares que se levantaron contra a legalidade republicana establecida polos votos das eleccións xerais de febreiro daquel mesmo ano, fixo que moitos dos nosos veciños se visen abocados a fuxir do inferno no que convertiran estas terras e fuxir dos perseguidores que os buscaban -as novas autoridades franquistas e os seos grupos paramilitares, os falanxistas e as forzas do orden público-, para matalos, para encarceralos, para depuralos -quitarlles o empleo e os seus medios habituais de vida- ou para represalialos en xeral. E, así, nesta zona do chamado bando nacional, convertido nun Estado sen dereitos para os republicáns e demais políticos de centro ou de esquerda e para os sindicalistas, creando leis represivas de carácter retroactivo -ou mesmo sen leis- para castigalos por ter respetado a legalidade vixente ou por pensar de diferente maneira a marea fascista do momento, os que poideron fuxir fuxiron o exilio francés ou americano e os que quedaron por non poder facelo e lograron sobrevivir no medio de desfiles parafascistas e dunha larga dictadura militar, encerráronse nun exilio interior que perdurou demasiados anos e nunca máis para eles puido chegar a primaveira da democracia. Desaparición En corenta anos, tanto os do exilio exterior coma os do interior, foron desaparecendo por razóns das leis biolóxicas, enterrándose alí onde se radicaran para evitar a represión física, esquecidos polas novas xeracións de españoles, por nosoutros, os que os sobrevivimos. E, Francisco Franco, que os perseguira sen clemencia nin piedade, sen tremerlle o pulso para firmar os milleiros de condenas a morte de amigos e correlixionarios, morrería mentras tanto na cama para ser enterrado en olor a multitude nun lugar preferente do Val dos Caídos, o monumento levantado polos presos republicáns para o dictador e golpista.