? asociación Monte Branco de O Couto comenzará mañá as actividades da súa semana grande das Letras, a máis importante da Costa da Morte. E farao cun acto ao que chamaron Música de Taberna. Será na tasca A Eira de Ponteceso, co grupo coruñés Madialeva. A xornada do día 17 estará dedicada a Manuel María. Pola tarde, e na casa dos Veciños do Couto, haberá teatro infantil lido (18.00), coa obra A espiña de toxo que se chama Berenguela, a cargo dos pequenos actores do colexio Bergantiños de Carballo. Seguirá o recital poético Os soños na gaiola ; Os Quinquilláns representarán Moby Dick e pechará o día o coro de Monte Branco, que interpretará O carro . A xornada do mércores titúlase Os escritores na escola . No colexio As Forcadas de Corme falará Antón Cortizas sobre poesía. Poa tarde, no Eduardo Pondal de Ponteceso, volverá a facelo, e de novo ás cinco da tarde, no mesmo lugar, para formación do profesorado. Os escritores David Otero e Luz Pozo estarán na bisbarra os seguintes días, nos que tamén haberá contos, xogos ou teatro, entre outras actividades.