A Pascua

ELISA ÁLVAREZ CASAIS

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

28 mar 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

TODAS AS festividades claves teñen, para nosa bendición, algún postre, algún doce típico: o turrón do Nadal, as orellas do antroido, e o roscón. Este domingo había en Cee -cousa que nunca me pasara- un forte e agradabilísimo arrecendo a roscón, misturado cun retumbar e un atronar das bombas que chegaba dende Fisterra. A trenza ou a rosca de pan de ovo, tostadiña, ben amareliña, con ovos da casa, co zucre por riba, era o agasallo agarimoso que os padriños lle regalaban neste día aos seus afillados. Era un bo motivo para lles facer unha visita e a pregunta obrigada era: «¿E logo, non has de vir a buscar a rosca?» Cos anos foise convertindo en calquera cariño, as máis das veces, cartos. Hoxe, o agasallo por excelencia é o ovo de Pascua. Enormes ovos de chocolate negro, envoltos en papeis de cores e con grandes lazos como aqueles que había espallados polos contos e que só pertencían ao mundo da fantasía. Os pasteleiros rescataronos para a realidade con acerto e fan as delicias dos nosos pequenos. A figura do ovo convértese na protagonista culinaria indiscutible da data. Por tradición das avoas, o Domingo de Pascua non pode fallar unha boa tortilla, toda de ovos, ata trinta. ¡Que fartura!