CONTOS DE NADAL | O |
13 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.PARA TODO o mundo o Nadal é fantástico, pero houbo unha ra chamada María á que non lle gustaba o Nadal porque ela nunca tivera agasallos. A pesar de todo, ela tiña moitos amigos, pero ningún lle facía agasallos. Chegou a Noiteboa e a ra María estaba moi triste. Tanto que se lle empezaron a cerrar as pálpebras e quedou dormida. De súpeto viuse en... ¡Noruega! ¡Estaba en Noruega! Non o podía crer. Facía moito frío, por sorte a ra María levaba un abrigo. Sentiu como alguén se achegaba, tiña medo... pero tan só era un pingüin. ¡Que medo collera! A ra María preguntoulle ao pingüin. -¿Como te chamas? -Eu chámome Lorenzo. ¿E ti? -preguntou o pingüin. -Eu son a ra María -contestou María. -¿Es nova aquí? ¿Onde vives? -preguntou Lorenzo. -Si, son nova aquí e non teño casa -contestou María. -Poderías vir comigo -dixo Lorenzo. -¿De verdade farías iso por min? -dixo María, moi emocionada. -Pois claro que si, caéchesme ben -dixo Lorenzo. E dito e feito, Lorenzo e María foron para a casa. Ao fin, na casa, coa lareira prendida e acabados de cear, María contoulle porque non lle gustaba o Nadal. María estaba moi feliz. Lorenzo ata lle dera a María algúns agasallos. De súpeto, cando estaba abrindo os agasallos, espertou dese bonito soño. Cando foi almorzar encontrou... ¡que os seus amigos fixéranlle agasallos! Para celebralo, convidou aos seus amigos a unha gran festa.