Mortes evitables

SONIA MUÑOZ MÁRQUEZ

CARBALLO

TRIBUNA ABIERTA | O |

23 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

¿PODEMOS EVITAR certos accidentes aínda que os impricados sexan nenos de 14 anos? En pleno século XXI os nosos rapaces teñen móvil, xogan coa playstation e baixan música de Internet, sin embargo a sociedade non avanza, nen a cormelá nen a galega, senón a nivel mundial, porque non é de recibo que países, políticos e todos nós, admitamos que exista un aparello que con so encoller un dedo sexamos capaces de arrebatarlle a vida a un ser vivo, neste caso un neno de 14 anos, coma aconteceu o outro venres. Unha culpa compartida Temos a obligación de analizar como están feitas as leis que directamente nos afectan; entón, chegaremos á conclusión de que tampouco é lóxico que ninguén poida ter un deses aparellos na sua casa, e non hai afección ou outra excusa que o xustifique. Doado sería que tales artefactos estivesen depositados en mans das autoridades competentes e so retirados cando se lles vaia dar o uso para o que están autorizados. ¡Cantas mortes accidentais e non tan accidentais se poderían ter evitado! O pasado domingo acompañei ao meu fillo ao enterro dun amigo de só 14 anos, o seu outro amigo atópase sumido nun sentimento de culpa que non tería nen que ter nun pesadelo, certo é que non debería haber tido acceso a unha arma e moito menos ter aprendido a montala, pero non deberíamos buscar culpables máis que en nós mesmos. É culpa de todos se esto segue a pasar. Non é o primeiro caso e desgraciadamente non ha de ser o último, conseguir unha licencia de armas é tan fácil como solicitala, menos trámites que para o carnet de identidade. Un alto prezo Hoxe en día, ninguén caza para comer, e hai veces, como neste caso, que un entretemento pode saír caro. ¿Teremos aprendido desta vez? ¿Sabemos xa como temos que actuar para que isto non volva a pasar? Non. Teño un rapaz de 13 anos que veu morrer ao seu amigo, accidentalmente, en mans doutro amigo, unha escopeta non é un xoguete, pero esta é unha lección que non aprenderemos xamais.