BERRO SECO | O |

17 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

LUAR NA LUBRE sona como o mar na furna da Buxerana, ou nos bolos da Señora, en Sabadelle, donde a Costa da Morte amosa o seu esqueleto de granito e é máis fermosa. En cada disco de Luar na Lubre hai algo do Fisterra, os sons do paraíso. A música de sempre que mira cara o futuro tamén ten raíces nesta terra de Pondal. Hoxe están en aquí, e non podía ser en mellores datas: no San Xoán. A maxia das cachelas xúntase coa da música, en Carballo.