Entrevista | Francisco Javier Fraga Pose O grupo de teatro integrado por mozos carballeses representa dúas obras no certame intercentros que está a celebrar o colexio Calvo Sotelo de A Coruña
22 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Francisco Javier Fraga e Mónica Liñares desprázanse hoxe ata o colexio coruñes con uns vinte mozos de entre 7 e 20 anos de idade para representar A verdadeira historia de Mary Poppins e Vagalum City. -¿Que é máis complicado para os rapaces: aprender os textos, as coreografías, as indicacións...? -O máis complicado é xuntalos para ensaiar xa que é difícil compatibilizar os horarios. Os diálogos e o demais non lles custa, sobre todo aos máis pequenos, porque teñen moita imaxinación e soltura. -Unha das obras recrea a personaxe interpretada no cine por Julie Andrews. Un reto suxeito a comparacións. -Si, pero como os rapaces veñen do coro cantan bastante ben. O máis difícil foi buscar papeis para todos, pero é algo moi bonito facer unha versión de Mary Poppins, e nós intentamos facela adaptándoa a Galicia. -A outra obra está ambientada no salvaxe Oeste. ¿Por que alí? -Porque o ano pasado fixemos unha sobre a Idade Media que tivo moi boa acollida, e esta vez queriamos sorprender con algo totalmente diferente. O do Oeste ocurriúsenos a Mónica e a min vendo un espectáculo en Port Aventura. -Tras o éxito do ano pasado no certame, con un quinto premio e catro galardóns aos actores, que obxectivos tedes esta vez. -Daquela non pensabamos en premios e foi unha ledicia moi grande recibilos, pero este ano esperamos igualar o resultado. De todos os xeitos, o máis importante é a posibilidade de actuar ante o público. -¿Quen sofre máis durante a representación: os rapaces ou vós? -Nós sufrimos bastante, porque é unha obra nosa e gustaríanos poder acompañalos a elos sobre o escenario. Colegio Calvo Sotelo de A Coruña.