RADIOGRAFÍAS | O |
26 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.HAI EN Ordes unha asociación cultural chamada Obradoiro da Historia que dende hai anos se dedica a investigar e protexer o patrimonio. Nos últimos meses denunciaron diante dous atentados contra outras tantas mámoas catalogadas do municipio de Frades. Un dos compoñentes deste colectivo, comentábame o pouco interese que teñen as institucións locais na defensa de algo tan importante como é o patrimonio. Hai alcaldes que descoñecen os monumentos inventariados e protexidos que teñen. Iso que é unha obriga e o coidado ven estipulado legalmente. A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia establece que os concellos teñen que custodiar o Patrimonio Histórico e que deberán adoptar medidas que eviten o seu deterioro. A maioría do municipios non planifican políticas que tendan á conservación e valorización da súa riqueza artístico-cultural. Xeralmente son asociacións ou particulares os que teñen que denunciar o abandono e o expolio que sofren estes bens públicos. Sen a tarefa de moitos destes cidadáns anónimos asegúrolles que agora teriamos dúas igrexas románicas recebadas e un dolmen reformado con chapa e uralita.