O Centro Dramático representará en Carballo «A comedia do Gurgullo»

C. Abelleira | E. Eiroa CARBALLO | CEE

CARBALLO

A compañía galega ofrecerá dúas funcións da súa última montaxe A actuación do día 23 está dirixida ós alumnos dos institutos de ensino secundario

16 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Na recta final da súa xira por Galicia e algunas cidades do resto de España, o Centro Dramático Galego chegará a Carballo a vindeira semana para presentar A comedia do Gurgullo , a súa última producción, baseada en textos de Plauto desde «un punto de vista» galego, como sinala o director e responsable da versión teatral, Celso Parada. De feito, aínda que a obra conserva o título orixinal, «non é unha traducción nin unha adaptación do texto antigo, senón unha peza orixinal baseada en diversos textos deste e doutros autores e nos recursos teatrais que Plauto empregaba», explica a Concellería de Cultura, organizadora das representacións. A primeira, o día 23 ás 11.30 horas, está especialmente dirixida ós alumnos dos institutos de secunaria de Carballo, ós que se lles enviou previamente material didáctico sobre A comedia do Gurgullo para que poidan traballar sobre ela nas aulas. Polo que atinxe á función do día 24, ás 21.00 horas, está aberta ó público en xeral. O prezo da entrada é de 2 euros e xa se poden facer as reservas no departamento de Cultura (981 704 704). Despois do seu paso pola capital de Bergantiños, a xira do Centro Dramático rematará en Narón.