Un nuevo Plan Marshall Víase vir

GABRIEL PÉREZ SUÁREZ F. TOURIÑÁN

CARBALLO

LA POLÉMICA SOBRE EL PARADOR DE TURISMO | O |

05 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

UN QUEDA ingratamente sorprendido polo total inmobilismo, pola absoluta falta de resposta social dos concellos da Costa da Morte. Despois do Consello de Ministros de María Pita do pasado 24 de xaneiro deste ano, o Goberno, despois de prometer montes e moreas, acabou por esquecerse por completo da «tan querida» Costa da Morte : La Voz de Galicia dicíao moi claro o 25 de xaneiro: só un parador de turismo e algúns polígonos industriais. De todo o demais prometido, ¡nada! (nin autovía a Fisterra, nin porto de abrigo, etc.). E o peor é que os de Bergantiños, Soneira e Fisterra parecen estar tolos de contento con que as autovías vaian cara a Chantada e Monforte, que non as pediran, en vez que viren á zona da catástrofe. Apenas se escoitaron voces discrepantes, voces que perdesen o medo a dicir a pura verdade, que non é outra que admitir a tomadura de pelo, unha vez máis. Pero por desgracia xa se empezou por ver un lamentable espectáculo: a pelexa entre os concellos para ver quen quedaba co caramelo, co único doce que destinaron para un extenso territorio de máis de 2.000 quilómetros cadrados e habitado por máis de 100.000 persoas: o famoso parador de turismo; repárese en que procuraron non dicir sequera onde se ía construír nin cando, porque tiñan moi claro que nos ían manter ocupados discutindo quen ía lamber deste caramelo nunha estúpida disputa localista. Colonizadores A min isto tráeme á memoria aqueles espelliños de man que os colonizadores europeos do século XIX levaban a África para entreteren ós xefes das tribos con guerras a morte entre eles, mentres os europeos lles quitaban o ouro, os diamantes e as materias primas. Algúns concellos xa entraron no xogo e picaron, ou quixeron picar, nesta disputa terceiromundista. ¡Por favor! ¿En serio alguén cre que este parador -que dará un número ridículo de postos de traballo cando estea construído- compensa todo o dano ambiental e económico que se lle fixo á ducia e pico de concellos da Costa da Morte? ¿Cren que só isto vai abondar para levantar económica e turisticamente a zona? Menos palabras e máis feitos. Sexamos claros e admitamos o fracaso, que é o fracaso de todos, as forzas vivas e a sociedade en xeral de toda a Costa da Morte, que unha vez máis non soubo reclamar cando había que facelo e agora chora e seguirá chorando. Isto non o escribín agora, senón que me limito a copiar ó pé da letra o que publiquei en La Voz o 13 de febreiro deste mesmo ano. Pero con considero de mérito adiviñar o que ía suceder máis cedo ou máis tarde. O lamentable é que teñamos uns dirixentes políticos que se calaron e se conformaron coas migallas e agora compórtanse como os xefes tribais africanos pelexando polo espelliño que deixou a Gran Xefe branco. A división está servida e o atraso seguirá per saecula saeculorum. Felicidades. SUCEDE CON frecuencia que los países, no pobres, sino empobrecidos a causa de los malos gobiernos o por el colonialismo económico que los ahoga, discuten entre sí por hacerse con alguna migaja que de vez en cuando les ofrecen las naciones que los tienen subyudados o la multinacional de turno. Es lo que podríamos calificar como la pelea entre pobres por un mendrugo de pan. A veces esta lucha causa más tensión que lo haría distribuir riqueza. Este inventado exordio contiene cierta similitud con la polvareda que ha levantado en la Costa da Morte el dichoso parador. Aquí llevamos tantos años olvidados por la Xunta que tuvo que hundirse un barco en nuestras costas, cargado de veneno, para que ¡por fin! seamos recompensados con un parador de turismo. Lo interesante, según parece, es que esta millonaria inversión va a constituirse en motor de nuestra economía. ¡Qué bien nos manipulan y cuánto se estarán riendo en San Caetano de nosotros! Lo admirable, lo sorprendente, es contemplar la sinergia de que han hecho gala algunos alcaldes para lograr que el deseado inmueble se asiente en sus dominios. Lástima que no se confabulen de la misma manera para exigirle a la Xunta que se comporte con estas comarcas igual que lo hace con otras parecidas a las nuestras. Últimamente estamos cansados de ver al señor Fraga colocando primeras traviesas e inaugurando autovías. Nos anuncia, para mayor inri, que dentro de poco tiempo el viaje Santiago-Madrid se hará en dos horas. Sin embargo, a este señor le trae sin cuidado, ni le quita el sueño, que un fisterrán tarde más de hora y media en hacer el trayecto Fisterra-Santiago. Lo irritante es que, pese a todo este abandono, aunque coadyuvado por sus alcaldes que le carretan el voto, el señor Fraga sigue ahí, ignorando nuestras necesidades. Nada tengo contra esta especie de Plan Marshall que es el parado. Pero lo que sí pido a nuestros alcaldes es que demuestren el mismo impulso a la hora de defender los intereses de los pueblos que les han votado.