Entrevista | Emilio Busto Martínez Baio acollerá o sábado unha cea na que participarán moitos xinetes da bisbarra
25 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.? asociación de Amigos do Cabalo de Baio celebrará o vindeiro día 29 unha cea-baile no restaurante Casa Cruz co obxectivo de reunir a tódolos afeccionados ó mundo do cabalo. Emilio Busto é o presidente da entidade. -¿Cal é o motivo que os levou a celebrar esta cea? -Claramente o que pretendemos é fomentar as relacións entre a xente que disfruta deste noble animal e falar do noso futuro. -¿Cántas asociacións ecuestres hai na zona? -Na actualidade hai cinco, é o caso da de Baio e as de Camariñas, Vimianzo, Ponteceso e Cerqueda. Estamos pensando nunha unificación para ter unha entidade máis potente. -¿Que proxectos teñen? -O que máis nos ilusiona é o de crear unha escola de equitación para que os nosos rapaces poidan aprender a montar e converterse en xinetes e amazonas. -¿Como se ve o mundo a lombos do cabalo? -Moi ben. Notas que a xente de a pé quédase ollando, especialmente os pequenos. Saímos as fins de semana e chegamos a recunchos onde só se pode chegar a cabalo. -Tamén é un recurso turístico, ¿non? -Por descontado. Ademais de crear unha escola, tamén imos establecer rutas turísticas para que, por exemplo, calquera familia poida saír ás Torres do Allo, en Zas, a dar un agradable paseo pola volta vendo vales, ríos, carballeiras e tamén o mar. -¿Que lle demandan ás administracións? -Pois que coiden os camiños e pistas forestais. Ademais, as axudas económicas que nos poidan ofrecer serán de vital importancia para desenvolver os nosos proxectos. -A monta xunta ós vellos e ós mozos. -Homes e mulleres de tódalas idades. O máis novo ten 9 anos e vai de paseo cun veterano de 75. Montar a cabalo é unha paixón para toda a vida.