Género | Manuel Pan Collazo A súa páxina www.finisterrae.com cumpre sete anos e renóvase
22 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A páxina de Internet www.finisterrae.com, de divulgación da Costa da Morte e información turística, das primeiras que xurdiron en Galicia e desde logo na bisbarra, cumpre sete anos e renóvase. Preséntase hoxe, ás nove da noite, no balneario Baños Vellos de Carballo. O seu máximo responsable é Manuel Pan Collazo, presidente da empresa Abertal, que agrupa a un bo número de páxinas e que elabora outras moitas. Pan tamén é o vicepresidente da Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet. -Pouco ten que ver coa outra, adáptase ás novas maneiras de facer as cousas. Dou un traballo moi grande, de pasar a hemeroteca de sete anos á nova base de datos. Todo o software é da nosa empresa. Unha das cousas máis innovadoras é o buscador de novas. Poténciase o turismo, os recursos sobre a Costa da Morte, ábrense catro foros ( Prestige , opinión, aluguer e venda e emigración), permite ós usuarios darse de alta, posibilita facer intercambio de banners (barras publicitarias), elaboraremos especiais sobre moitos temas. Mellora en tódolos aspectos. -Moi positivo. Finisterrae pode manter a dúas persoas traballando, e ningún cliente se nos dou nunca de baixa. En canto á visitas, temos unha media de 120.000 entradas ó mes. En total, neste tempo, víronse máis de seis millóns de visitas. As máis vistas son as novas e o turismo rural, porque é unha web, sobre todo, turística. Agora imos facer unha campaña de promoción na Rede. -¿Como está a Costa da Morte en Internet? -A Costa da Morte está ben situada en Internet, sobre todo, se se compara con outras zonas de Galicia. E na nosa empresa, nunca tivemos tanto interese como neste ano. En canto a clientes, o mellor ano con diferencia. Sobre máis páxinas, hai moitas na zona que van morrendo. Manter unha páxina activa costa moito.