«O noso proxecto é a cara oposta dos conservatorios»

La Voz LA VOZ | CARBALLO

CARBALLO

CASAL

Entrevista | Manuel Dourado O ensino musical pode ser divertido e, na nova escola que se inaugura hoxe en Carballo, ese é o obxectivo

18 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?anuel Dourado é músico e dirixe a banda de gaitas Inllar de O Couto (Ponteceso). Asegura que lle apetecía ter un sitio fixo onde impartir clases en vez de trasladarse el ás asociacións e decidiu arriscarse a montar unha escola en Carballo. -¿Como é ese local? -É un lugar acondicionado acústicamente, con aulas, estudio de gravación, con medios informáticos e instrumentalización. -¿Non é unha iniciativa un tanto arriscada? -Teño o apoio do programa de xóvenes emprendedores da Xunta e tamén vin a necesidade de moita xente que quería aprender a tocar un instrumento e non tiña sitios onde acudir, excepto a algún profesor particular. -¿Por que lle chamou A escola da rúa se os alumnos estarán en aulas? -Porque englobo a todo tipo de xente, porque é un ensino ameno, divertido, e unha música para todos os estilos. -¿En que se diferencia dun conservatorio? -A noso proxecto é a cara oposta dos conservatorios, onde se emiten títulos oficiais cun ensino baseado na música clásica cos métodos prestablecidos fai tempo. Pola contra, na Escola da rúa, se alguén quere aprender a tocar a trompeta pode declinarse polo jazz, polo folk... Na propia aula xa se da o solfeo necesario para comprender as partituras, é un ensino máis didáctico. -¿Está aberto o prazo de matrícula? -O prazo oficial será en outubro. Temos 30 persoas inscritas aínda que hai prazas para 500 rapaces. Nas próximas semanas haberá clases de proba abertas para todo o mundo, na que os alumnos poderán elixir instrumentos e se farán concertos didácticos. -¿Cantos profesores haberá? -Polo momento somos once. As clases impartiranse de 15.30 a 22.00 horas e os alumnos terán dúas horas semanais por instrumento. -¿E o prezo? -Bastante asequible. Máis barato que calquera escola da Coruña ou Santiago. Pero o curso inclúe tamén actividades didácticas, gravacións no estudio e a posibilidade, entre outras aventaxes, de formar grupos de música.