«É tan ridículo como falsificar billetes de dez pesos»

CARBALLO

Entrevista | Antonio Domínguez García

21 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai dous anos que Antonio Domínguez chegou á alcaldía. Dous antes xa estaba o caso nos xulgados. No proceso xa non hai partes que acusen. A fiscalía actúa de oficio ó apreciar indicios de delicto nos cuños dos boletíns. - ¿De onde saíron eses boletíns falsificados? -Os boletíns que fixo a miña empresa deberían estar arquivados na sede dunha compañía eléctrica, pero dalgún xeito saíron dela. Son 32 e son falsos. Na miña empresa podemos expedir uns 90 ó ano, e o que non entendo é por qué só eses 32 son falsos e por qué non detectaron esas falsificacións na compañía, xa que eran evidentes e alí entran boletíns tódolos días. O lóxico sería que se había falsificacións eles mesmos presentaran unha denuncia. - A acusación é de apropiarse de 721 euros . -Coas tarifas de antes non chega nin a 250 durante dous anos, é algo ridículo, como falsificar billetes de dez pesos e intentar cambialos no Banco de España. - O tema chegou nas pasadas eleccións a repartirse en forma de anónimos. -Se alguén está tan seguro de que eu falsifico e estafo, que dea a cara, pero ninguén se atreveu a presentarse nun xulgado con nada, porque eses anónimos só buscaban perxudicarme politicamente do xeito máis cobarde. - Entón, ¿quen falsificou eses documentos? -Alguén que quixo presionarme políticamente e que non conseguiu o que buscaba. Este xuízo aínda pode durar meses, pero por min celebrábase mañá para calar estes rumores, que non teñen sentido. Creo que as diferencias políticas dirímense nas urnas, e nelas xa demostrei que a xente confía en min.