PASABA POR AQUÍ
16 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A PRAIA de O Rostro está a sofrer estos días un bombardeo. Con ducias de máquinas dándolle a volta para sacarlle o fuel. Quítano dese xeito tan delicado que consiste en meter unha excavadora e arrasar con todo. Cando un voluntario metía unha pala na area hai catro meses, os biólogos de Medio Ambiente poñían o berro no ceo e acusaban ó pobre de pecar contra o ecosistema. Agora que as dunas de O Rostro serven de aparcamento para maquinaria pesada hai que preguntarse se realmente, como suxiren desde o Goberno, o Prestige xa pasou. Din que así, con estes métodos cosméticos sutiles a base de Carterpillar, en xuño as praias, mesmo O Rostro, estarán primorosas. E como tal é o obxectivo, sospeito que a fin de mes comenzarán os bombardeos aéreos do chapapote que se resista. Así é seguro que primeiro de xuño o obxectivo estará cumprido: non haberá chapapote. Nin chapapote nin nada.