ÁGORA | O |
02 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.COMEZA O desembarco de políticos na zona. En Cerceda, o ex presidente da Xunta González Laxe e o secretario de organización do PSOE, José Blanco, apoiaron ó alcalde nun acto público. Nesa mesma localidade, o PP encabezado polo avogado coruñés José Manuel Liaño, leva na lista ó que fora máximo dirixente da Deputación, Enrique Marfany. En Camariñas, o conselleiro de Pesca, López Veiga, e o deputado bergantiñán Alberto Sueiro apoiaron a Daniel Rego como candidato a alcalde. Teñen sorte os partidos máis grandes que teñen deputados, conselleiros, secretarios en abundancia para percorrer a Costa da Morte nestas tres semanas que faltan para as votacións. De quen me compadezo máis é dos do CDI. O muradán Tajes, como responsable desta formación, vai ter que andar a douscentos para ir a tódalas presentacións. Os partidos son coma os nenos, da máis traballo atendelos que facelos.