«Un planeamento conforme á nova lei sería una boa noticia»

La Voz

CARBALLO

A primeira chamada que recibiu Alberto Núñez tra-lo seu nomeamento como conselleiro de Política Territorial foi a do alcalde de Carballo, Manuel Varela, especialmente interesado en aprobar o Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O conselleiro recordou aquela conversa e os trámites posteriores: «Cónstame que hai vontade do equipo redactor do proxecto e dos técnicos da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de facer un bo plano, cónstame que está habendo reunións para facer un plano dacordo coa Lei de Ordenación do Solo de Galicia e pola nosa parte imos impulsalo. Carballo é unha das cidades importantes de Galicia, e sería unha boa noticia xa tivera un planeamento conforme á nova Lei do Solo de Galicia que se acaba de aprobar».