O concelleiro popular quere potenciar a industria do seu municipio
25 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.?ntonio Santamaría será, a expensas da confirmación oficial (como outros casos no partido na bisbarra) o candidato do PP polo Concello de Dumbría. E será a terceira vez consecutiva que encabece a lista. Na actualidade son dous concelleiros no grupo. -Son dos que penso que a política é unha noble actividade, e que o Partido Popular é o único que pode sacar do adormecemento ó que o PSOE ten sometido a Dumbría. Nós representamos a tódolos sectores sociais deste Concello, que non pode seguir estando marxinado en relación, polo menos, ós que nos rodean. Somos os irmáns pobres da Costa da Morte. -¿Tan mal están? -Temos un alcalde que está moi dormido. Seguimos coas súas cacicadas. Agora que chegan as eleccións, veña a poñer tubiños e puntos de luz polos lugares. Non hai un programa serio de goberno, non hai infraestructuras, nin aulas de formación. Faltan cousas básicas, como un plan de emprego. E non queda máis remedio que emigrar. E logo, os que voltan de Suiza, dóeche que se vaian para Cee. -¿Que cre básico para Dumbría? -É necesario un polígono industrial. Xa o deberiamos ter e así nin Vimianzo nin Cee andarían discutindo por un. Temos que ter un gran polígono que dea servicio a toda a bisbarra e sirva para mellorar a calidade de vida.