?aría Jesús Barbeira e Luz Quiroga son as dúas persoas más implicadas co proxecto de Voz Natura no colexio Labarta Pose de Baio. Aínda que as súas compañeiras as apoian no necesario e, especialmente, nas actividades nas aulas, son elas as que levan o traballo de campo, ou de xardín, neste caso. -¿Teñen interese os alumnos? -Moito. Aproveitamos a hora que os nenos teñen libre despois de comer para pedir voluntarios que traballen no xardín e nas outras áreas do proxecto. Facemos grupos para poder organizalos e a cuestión é que sempre temos exceso de voluntarios. Ós nenos encantalles a actividade porque nun tempo relativamente pequeno poden ver os resultados do seu traballo, agás na fabricación de compost, que é o máis ingrato, porque leva meses, pero hay pouco sacamos o primeiro e quedaron sorprendidos de que eso saíra das sobras do comedor. -Parece que vostedes aproveitan todo. -Os nenos deben aprender a reciclar, reutilizar e reducir e un bo xeito é este. Os residuos orgánicos do comedor van para a fabricación de compost e os vasiños de iogures e os briks de leite convertense en macetas para trasplantes. Intentamos aproveitar o que temos a man e mesmo un palés que deixaron os soldados que estiveron no polideportivo. Antes pedimos permiso e dixéronnos que os ían tirar. A nós valianos.