O pasado domingo foi elixida a nova directiva da agrupación larachesa, que ten como obxectivo inmediato a organización do seu 22 aniversario
11 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.?ocío López tan só ten 22 anos e xa é a presidenta dunha das asociacións con máis tradición da Laracha. Asegura que o novo equipo directivo está formado por xente moi nova (Jorge Cercedeiro Castro, Paula Ríos Brandón e Iria Pazos Torreira), pero que coñece moi ben o funcionamento da agrupación. -¿Cantos anos leva na asociación? -Levo catorce anos. O grupo dos maiores somos todos da miña idade, somos amigos e con moitas ganas de traballar. -¿Cales son os seus plans? -O nomeamento é moi recente e aínda non tivemos unha reunión para tratar dos proxectos. O obxectivo que temos é manter o que hai en Santa María de Torás e manter viva a agrupación. -¿E os proxectos máis inmediatos? -Preparar o 22 aniversario da asociación, aínda que aínda non temos datas. Posiblemente será como o ano pasado, sobre o mes de xuño. Nesa época saberemos tamén o programa completo de actuacións. -¿A que se debe o cambio de directiva? -As candidaturas preséntanse para dous anos e a anterior quería deixalo. No caso de non presentarse ninguén a agrupación tería que disolverse e, chegados a este punto, nós decidimos tomar o mando. Non é que haxa problemas dentro da asociación. -¿Reciben axudas? -A verdade é que non. -¿Nin do Concello? -Non, pero levamos loitando moitos anos, día a día, e queremos que nese traballo se impliquen tódolos socios, tódalas institucións e todo o pobo. -¿En que son mellores? -Na asociación temos baile e música, pero eu penso que en baile nos defendemos moi ben.