04 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
Á parte das actividades organizadas arredor da literatura, o programa das Letras Galegas deseñado polo Concello e o Consello Local de Cultura de Carballo inclúe un ciclo de teatro que comezará o vindeiro xoves coa comedia Caprichos de Cervantes , unha comedia baseada nos entremeses de Miguel de Cervantes que representará a compañía Galileo. Unha semana despois chegará á capital de Bergantiños Teatro do Atlántico coa traxicomedia Solo para Paquita , e o día 30 tocaralle o turno a Teatro do Adro cunha nova obra de Cándido Pazó, Binomio de Newton . Tódalas funcións levaranse a cabo no cine Rega e comezarán ás nove da noite. Para reservar entrada pódese chamar á Concellería de Cultura (981 704 704). O prezo é de 1,20 euros.