G. VARELA LA ENTREVISTA Manuel Andrade Cristóbal, presidente de la Federación Europea de Caza No seu despacho de Madrid ten abert a páxina web de La Voz de Galicia, «sempre na edición de Carballo. Aínda me interesa a vida pública do meu Concello». Andrade Cristóbal, personaxe polifacético, ocupa o máximo escalafón da arte cinexética en Europa, pero non olvida os seus orixes e acudirá ó centenario «para recordar os bos tempos». Con Manuel Andrade na presidencia, a Venatoria alcanzou a súa grande época. Nos despachos e na caza, porque él era un gran cazador, en parte gracias a Cani «que tiña unhas narices impresionantes. Si decía que non había nada, podíamos marchar tranquilos», recorda
23 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.A entrevista con Manuel Andrade é sinxela. Sorprende co seu trato campechano e familiar. Seguro que resulta desta maneira porque o chamamos dende Carballo, a terra que o viu nacer e á que regresará na conmemoración do centenario da Venatoria de Bergantiños. -¿Qué lle trae á mente a palabra Venatoria? -Téñolle un cariño moi grande. Digamos que fun o impulsor da entidade nos setenta e nos oitenta, e síntome orgulloso porque parte dese proxecto aínda persiste. En certo modo, Justo segue na mesma senda. -Con Justo Balvís reencontrarase na homenaxe. -E con outra moita xente á que lle teño un gran aprecio. Estouno desexando. En canto me chamaron non o dubidei. Agrádame moito a idea de xuntarnos tantos amigos e recordar vellos tempos. -¿Cómo era aquela Venatoria que vostede atopou? -Daquela a Sociedade estaba case morta, con moi pouca actividade. Había moitos problemas cos gardas de vixilancia do coto. Eran todo dificultades. -Pero a cousa cambiou. -E tanto. Convetémonos na Sociedade máis grande de Galicia e case que de España. A finais dos setenta manexabamos un presuposto duns trinta millóns de pesetas, daquela época. E os cartos saían do peto dos nosos socios. Repoblamos o coto enormemente. -E todos tan contentos. -Nin os máis vellos recordaban tal cousa. Dicían que había máis caza que nos tempos de guerra, nos que as escopetas se usaban para outras cousas. -Foi entón cando se acuñou esa frase de que «na Venatoria non se puña o sol». -Como Felipe II. Bergantiños era terreo de caza, e houbo firmas para incorporar a Vimianzo e Camariñas, cousa que non se puido facer. Ademáis tiñamos permisos de caza para irnos por León e Toledo adiante. Eran as oportunidades da Ley do 70. Despois cambiou a cousa, empezou a división de intereses, parroquias e concellos. -¿Hacia onde ten que camiñar a Venatoria? -O campo é moi amplio, a expansión non pode ter fronteras. No mesmo camiño temos actividades coma a cetrería, caza con arco ou silvestrismo. Pero tampouco teñen porqué estar vetadas outras actividades. A Venatoria é absolutamente compatible co senderismo, o fútbol ou o baloncesto. -Vostede que viaxa por Europa presumirá de Carballo. -En Madrid, Bruselas e en tódalas esquinas nas que aparezo. Presumo de paisaxes e de persoas. De vez en cando, tamén das miñas capturas. O primeiro que fago na oficina é abrir a páxina web de La Voz. Aínda estou moi interesado na vida pública de Carballo. -Fala de capturas, logo é un bo cazador. -Funo, en gran parte gracias ó meu can. O Cani tiña unhas narices impresionantes. Si el decía que alí non había nada podíamos marchar tranquilos.