«Houbo unha volta á normalidade política»

La Voz

CARBALLO

MARISOL SONEIRA, REPRESENTANTE DO PSOE NA CÁMARA GALEGA

22 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A camariñana Marisol Soneira repite como deputada do PSOE no Pazo do Hórreo. Os pouco máis de dos anos que pasou no Parlamento estiveron plagados de iniciativas. -¿Como valora os resultados do seu partido? -Dalgunha maneira houbo unha volta á normalidade política en Galicia, donde sociolóxicamente hai sempre dúas tendencias claras que se quebraron no 97, sobre todo, polos problemas que o noso partido tiña nesa época e que hoxe están felizmente superados. Creo que por ese camiño vamos continuar e este é o inicio, non me cabe dúbida, dunha recuperación que se vai consolidar dentro de catro anos. -Baixou a participación -A min no me extraña que baixara un pouquiño porque o clima non axudou absolutamente nada, sobre todo na nosa zona. Salir a votar era señal de asumir un compromiso cidadano de moitísimo valor, porque houbo rachas de temporal tremendo, con moitísima chuvia. Os cidadáns galegos non son nin máis nin menos votantes que os doutras zonas de España eso é unha lenda que día a día estamos a superar. -Gañaron en Camariñas, Dumbría y Vimianzo, onde hai gobernos socialistas. -Non sempre hai correlación e nas anteriores só gañamos en Camariñas. Eso significa tamén que os cidadáns da Costa da Morte votaron á única forza política que de verdade levou os problemas da Costa da Morte ó Parlamento. Fóra destes mitos polos que a representación dun territorio o dun país descansa exclusivamente en determinados partidos que se atribuyen esta condición porque son nacionalistas, a realidade demostrou que a Costa da Morte existíu no Parlamento de Galicia cando entrou nel unha diputada do PSOE que é natural desa zona. Outros partidos tiñan deputados da zona e os problemas non estaban alí. No caso de Camariñas eu creo que tamén hai outro factor: o electorado quixo demostrar a un partido político ou a unhas persoas que hai determinadas formas de facer política que non se corresponden co que se está levando a cabo hoxendía en Camariñas e que dalgunha maneira os camariñáns non están conformes con esa forma de facer oposición. -¿Os resultados influirán na consolidación de Zapatero como líder socialista? -Non creo que teña moito que ver. Este é un proceso galego. José Luis Rodríguez Zapatero alegrase moitísimo deste resultado e entristeceriase se se cumpliran as enquisas que se daban a pé de furna. O cidadan percibiu a Emilio Pérez Touriño como unha persoa sensata, seria, que decía cousas razonables, e non incoherencias e que non lle faltou o respeto a ninguén. Ese é o camiño que temos que seguir.