«Esta nova pastilla debe estudiarse científicamente»

La Voz

CARBALLO

DIEGO RÍOS NOYA, PÁRROCO DE SOFÁN

21 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A Igrexa foi unha das institucións que máis criticou o uso da píldora postcoital. Nun comunicado feito o 27 de abril condenábase o seu uso, entre outra cousas, por: «Acabar con la vida incipiente de un ser humano» o «no se puede resolver un embarazo no deseado recurriendo al expediente criminal del aborto». Diego Ríos, párroco de Sofán, en Carballo, no comulga con esta idea. -¿Que opinión ten sobre a píldora postcoital? -Tería que decir o que di oficialmente a igrexa. A min, de todos xeitos, páreceme que debería ser unha cuestión na que se ten que profundizar. Esta nova pastilla debe estudiarse científicamente para despois facer unha valoración ética máis adecuada. Paréceme moito máis grave o aborto, e isto igual evitaría embarazos. -¿Que lle parece que se impartan clases de educación sexual nos institutos? -Todo o que sexa que os rapaces estén informados pareceme do mais adecuado. Sen embargo, penso que os primeiros educadores neste senso deben ser os pais. As familias terían que darlle a información adecuada os seus fillos cando estivesen na idade axeitada.