Nova edición do concurso de marcapáxinas de Ribeira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

<span lang= gl >A concelleira Nucha Brión e o bibliotecario, Xoán Fernández, presentaron o certame</span>
A concelleira Nucha Brión e o bibliotecario, Xoán Fernández, presentaron o certame

A iniciativa está dirixida a alumnos de educación primaria

18 mar 2026 . Actualizado a las 13:47 h.

A biblioteca de Ribeira puxo en marcha a quinta edición do concurso escolar de deseño de marcapáxinas. A iniciativa está dirixida ao alumnado de educación primaria dos centros educativos do municipio e ten como obxectivo promover a creatividade artística vinculada á dinamización da lectura. O prazo para a recepción dos traballos permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de abril.

O premio para o gañador consistirá nun lote de libros e nun diploma. Ademais, o deseño que resulte seleccionado polo xurado será impreso en formato de marcapáxinas para ser distribuído dende a biblioteca. A organización do concurso tamén elaborará unha exposición cos debuxos participantes.