Ribeira vibrou cun novo concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

Ribeira RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

Orquestra Sinfónica de Galicia en Ribeira
Orquestra Sinfónica de Galicia en Ribeira

O programa estivo dedicado integramente a Mozart

08 jun 2025 . Actualizado a las 18:30 h.

 Ribeira converteuse o sábado no epicentro da música clásica galega cun concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia nun ateigado auditorio. A actuación, organizada pola concellería de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña, forma parte da programación cultural do mes de xuño. O concertocontou coa participación de 35 músicos baixo a dirección do violinista e director Roberto González-Monjas. O programa estivo integramente dedicado a Mozart

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a enorme acollida do evento e lembrou que «este concerto é froito dun compromiso adquirido hai un ano, cando moitos veciños e veciñas quedaran sen entrada na primeira visita da Sinfónica de Galicia. Hoxe cumprimos esa promesa cunha noite que quedará na memoria cultural da nosa vila».  Agradeceu a implicación da Deputación da Coruña e puxo en valor «a resposta da cidadanía, que está apoiando con entusiasmo toda a programación cultural desenvolvida polo Concello. Os cheos absolutos demostran que Ribeira tiña sede de cultura».