Terá lugar este mércores, ás 20.30 horas
16 feb 2026 . Actualizado a las 15:35 h.O Centro Dramático Galego recalará en Rianxo con Memorias dun neno labrego, espectáculo co que se lle rende homenaxe ao autor do coñecido texto, Xosé Neira Vilas, no décimo aniversario do seu pasamento. A función terá lugar este mércores, ás 20.30, no auditorio municipal.
Xulio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay e Ana Santos integran o elenco que se subirá ás táboas. A dirección da montaxe corre a cargo de Cándido Pazó.
Desde o departamento de Cultura rianxeiro apuntaron que os convites para asistir á función poderán retirarse de xeito gratuíto unha horas antes do comezo.