O mércores haberá unha ofrenda floral e unha lectura de textos
27 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Este mércores cúmprense 96 anos do pasamento dun dos grandes escritores de Rianxo, Manuel Antonio, e a Asociación Etnolóxica Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao vai conmemorar dito aniversario realizando un acto no cemiterio da localidade, onde se atopa a súa tumba. A homenaxe, fixada para as 13.00 horas, consistirá nunha ofrenda floral e nunha lectura de textos do autor.
Desde a entidade que impulsa a iniciativa, que concluirá coa visita á casa museo dedicada ao poeta, destacan o seu interese por contribuír a conservar a súa memoria e difundir a súa obra.