DENDE FÓRA | O |
23 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Neste xornal publicábase fai uns días un artigo que poñía de manifesto que dous concellos da bisbarra, A Pobra e Noia, presentan índices de solvencia negativos. En primeiro lugar cómpre dicir que ter índice de solvencia negativo non supón, necesariamente, ser insolvente de cara a acadar financiamento externo. De feito, a recurrencia ó creto a longo prazo foi o único xeito de ir saindo andiante no noso concello. Agora ben, unha cousa é ir tirando e outra ben distinta é arranxar o problema. Curiosamente, cando ós veciños lles dixemos, dendo o PP, no ano 1995, o que había, non se decataron da gravidade que iso tiña e non votaron o cambio que se propoñía, co que se agravou a crise económica e financieira outros catro anos máis. Os exercicios malabares que Isaac Maceiras está facendo, con uns presupostos maniatados polas débedas merecen sacarlle o sombreiro, pero, como el moi ben sabe, a situación non se pode soster, nin sequera a medio prazo, polo que terá que botar man da súa maxistral imaxinación para explicarlle ós veciños a herdanza que tivemos. O que máis me reconforta ó respecto do problema é que, por primeira vez as eleccións de marzo en España van estar en clave económica e de impostos, o que amosa certa madurez democrática no tema máis importante dunha democracia avanzada.