Mobbing: acoso

VEIRAS MANTEIGA

NOIA

DENDE FÓRA | O |

30 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTA PRIMEIRA é unha verba que aínda non fixo a súa aparición nos diccionarios. Xa sabemos que tén a súa orixe no inglés, e a súa acción, ou sexa a súa práctica é tan vella como a industrialización. Por iso teño que escribir en prol disto, para dicirlle a certos patróns, empresarios, xefes de sectores e encargados que xa hai tempo que ficaron os séculos XIX e XX, e que segue a ser unha vergoña para a sociedade esta práctica. E segue a ser máis vergoña que se faga en contra das mulleres, que perdoándome elas, seguen a ser o sexo feble nestas cuestións. Temos que condear estas prácticas, denuncialas e, se fai falla, dicilo publicamente para que a xente, e as mulleres na maioría dos casos, se sentan arroupadas e poidan defenderse e, se é necesario, levar diante da xustiza ós promotores. A xustiza, que non é parva, darálle xeralmente a razón, e se á luz do día teñen que saír os nomes destes personaxes, sairán, que é a nosa obriga. Non só polas mulleres, tamén polos homes, polos traballadores, pola xente honesta que tén que gañarse o pan cada día. Teño que dicir que, por desgracia, coñezo un destes casos na vila de Noia, e se as persoas que usan esta práctica pensan que as cousas non se saben; direille que nas vilas pequenas todo se sabe, todos nos coñecemos.