Beleza e xuventude


O s temas relativos á saúde están moi presentes na sociedade. Por exemplo, a importancia dos canons de beleza substitúe os métodos tradicionais (dietas ou exercicio) por intervencións cirúrxicas ou por un abuso de fármacos. Son as persoas conscientes da presión social que as leva a reaccionar así? Fano por sentirse a gusto? Saben as consecuencias que poden supoñer os métodos utilizados? Cales son as razóns de que cada vez as drogas legais, tales como o tabaco ou o alcohol, sexan consumidas máis prematuramente? Por non esquecer as consecuencias que pode supoñer que as xeracións máis novas abusen dos videoxogos. Dende o meu punto de vista, empezando polo primeiro tema, non creo que a xente sexa consciente da presión social que se aplica á estética. As persoas non se agradan co seu corpo, xa que perseguen desexos de acadar corpos que non se adaptan á súa anatomía. Isto desemboca en transformacións antinaturais, a través da cirurxía mesmamente, que acaban deformando a propia beleza da persoa. Deste mesmo xeito, penso que si, que cando as persoas acadan transformacións se senten a gusto consigo mesmas, porque teñen o sentimento de pertencer ao conxunto da sociedade que se ten por guapas ou guapos. E polo que se refire ás consecuencias, tampouco son conscientes delas, xa que as persoas viven moito o presente mais non botan a vista ao futuro.

No tocante ao uso prematuro de drogas legais, penso que isto acontece por falta de educación, xa que moitos adolescentes descoñecen as consecuencias. Neste ámbito tamén existe una presión social por conseguir o sentimento de aceptación nese anaco da sociedade guai. E no que se refire aos cativos e ao abuso dos videoxogos, penso que é todo culpa dos pais, xa que estes pódenlle permitir utilizalos, mais está nas súas mans o tempo que lle dediquen. Este abuso repercute directamente no futuro, dado que estes nenos non terán capacidade para cooperar con outras persoas, soamente saberán traballar solos. Por non esquecer as marabillosas historias e momentos que poderían pasar cos seus amigos.

Poderiamos establecer como conclusión que a sociedade nos ten consumidos ou que dependemos moito do que digan. Mais todo está nas nosas mans: dende como criar aos fillos ata poder comportarnos como de verdade desexamos e non como o fai a maioría. Alba Expósito. Alumna do IES Fontexería de Muros.

Por Alba Expósito Alumna do IES Fontexería de Muros

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Beleza e xuventude