Sergio Noya: «Este executivo carece de proxecto»

La Voz

MAZARICOS

Sergio Noya, PP
Sergio Noya, PP Alvite

O voceiro do PP lamenta a falta de traballo do equipo de goberno e o abandono no que, ao seu entender, está inmerso o concello

08 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O voceiro do PP en Mazaricos, Sergio Noya Rodríguez, lamenta a falta de traballo do equipo de goberno e o abandono no que, ao seu entender, está inmerso o concello.  

—Que balance fai deste período?

—Quedou de manifesto que este executivo carece de proxecto. Ao meu entender, evidéncianse unha falta de traballo que repercute en que non se loita por cousas necesarias e que condenan ao concello a corto e medio prazo.

—Pode concretar a que aspectos necesarios se refire?

—Son varias cousas. Posiblemente, neste momento de crise o mais significativo é a nula capacidade para lograr que se cree traballo en Mazaricos. Aínda que veña unha empresa chamarnos á porta non lle podemos ofrecer un sitio para instalarse porque non fixemos nada para conseguilo. Investir en turismo está ben, pero penso que Mazaricos enteiro non vai vivir deso no futuro próximo.

—Que actuacións considera prioritarias?

—Vendo o pouco que se fixo ata o momento, todo resulta prioritario. Dende logo, do máis urxente é poñerlle man ás estradas e camiños agrícolas do municipio, que presentan un estado lamentable.