É de Santiago, pero Charo Pereiro Puga reside dende hai 22 anos en Carnota. Con este traslado cumpriu dos dos seus soños, vivir preto do mar e por en marcha un taller de artesanía. Na súa actividade empresarial conta cun socio, Manuel Blanco Silva. -¿Como deciden montar este negocio? -Fixemos en Santiago un curso de cerámica e gustounos. Despois estivemos en Gerona adquirindo máis formación e, no seo da Asociación Galega de Artesáns, tamén fomos a clases de distintas técnicas. -¿É posible vivir da artesanía? -É moi complicado, sobre todo nestes momentos. Antes apreciábanse moito máis as cousas que estaban feitas á man, pero agora véndese a idea de que todo é artesán, polo que non se lle concede importancia ao que realmente o é. -¿Cree entón que é unha profesión pouco valorada? -Por suposto, estamos nun momento no que interesa é o consumismo. A xente merca cousas para usar e tirar, sen ter en conta a súa calidade nin o tempo que poidan durar. -¿Pode influír o prezo? -Non, xa que hai pezas de determinada marca que se venden a prezos desorbitados a pesar de non ser exclusivas nin estar feitas á man. -¿Como ve o futuro? -Un pouco difícil. O único que me consola é que realizo unha actividade que realmente me gusta e iso xa é un valor en si mesmo para min.