Respecto

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

A POBRA DO CARAMIÑAL

29 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

historia contouna o historiador José Manuel Vázquez Lijó nas últimas xornadas A Pobra do Caramiñal no tempo, cando se refería aos fomentadores cataláns que chegaron á nosa costa a principios do século XIX para iniciar a salga da sardiña. Un deles, Juan Piferrer, renunciou en 1828 á alcaldía do Caramiñal. As razóns que daba eran moi curiosas e tentaban ser convincentes.

Non podía administrar xustiza porque aseguraba que non sabía ler (o cal era falso), carecía de instrución e «con dificultad entiende el idioma gallego y en el mismo caso está con el castellano, por manera que no puede presentarse a manifestar al público ni leer ni explicar en términos que entienda las órdenes de la superioridad».

Con independencia de se entendía ou non a lingua galega o señor Piferrer, o que está claro é que o industrial tiña claro que motivos convincentes debía ofrecer no seu escrito para que a autoridade aceptase a renuncia: non tiña as competencias lingüísticas no idioma de Galicia (que é a que destaca en primeiro lugar) para exercer o seu cargo de maneira eficaz. E di tal cousa en 1828! Hai case douscentos anos!

Ao ver esta referencia, lembrei a abraiante e descarada queixa nas redes sociais dalgúns individuos foráneos por ter que aprender a lingua de Galicia para optar a un posto público en Galicia. É unha pasmosa falta de respecto que, ademais, deixa dúbidas sobre a vocación real de servizo público desas persoas.

Do que pasa polas súas cabeciñas para atreverse a dicilo en voz alta xa llo deixo a vostedes.