Brasilia

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN AÚREA

BARBANZA

Edificios de Ribeira en foto de archivo
Edificios de Ribeira en foto de archivo CARMELA QUEIJEIRO

A capital de Brasil mostra un urbanismo impecable, fronte ao orgánico que presentan Ribeira, Carballo ou Malpica

21 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

capital do Brasil foi construída entre 1956 e 1960, totalmente planificada, coa intención de promover o desenvolvemento do interior e simbolizar un país moderno e industrializado. Todo foi calculado, ordenado por funcións e usos, xerando un urbanismo impecable sobre o papel, mais frío, distante e pouco humanizado, no que a monumentalidade substitúe á experiencia e a interacción social queda diluída diante de avenidas interminables e súper quinteiros desconectados da vida da xente.

En contraste, e salvando a escala, localidades como Ribeira, Carballo ou Malpica mostran un urbanismo orgánico, humano e habitable. A identidade colectiva, a interacción veciñal e a adaptabilidade superan calquera perfección xeométrica. Galicia aprende da historia, prioriza a escala humana e o sentido de pertenza, demostrando que unha cidade non é só unha máquina organizada, senón un espazo para convivir, compartir e sentir, onde a memoria colectiva se integra coa vida contemporánea.

Galicia funciona como unha gran cidade distribuída, asentada en 37.000 núcleos, onde o pasado e o futuro se entrelazan e dialogan continuamente: o Eixo Atlántico conforma unha cidade descontinua, unha malla urbana permeable e viva. Aquí non existen cidades satélite nin urbes dormitorio como Milton Keynes, no Reino Unido. A nosa rede preserva a memoria, a afabilidade e a vida comunitaria, convertendo cada rúa, praza ou paseo nun lugar de encontro. Demóstrase que a cidade verdadeira é aquela que se vive, que respira coa xente, porque o urbanismo non é só eficiencia: é humanidade.