De ideoloxía absolutista, tivo problemas cos gobernos liberais en 1821
29 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Aínda que nacera en Oroso en 1746, Antonio Francisco de Castro está vencellado á bisbarra do Barbanza por ter sido párroco de San Martiño de Fruíme (Lousame). Poeta en castelán, o seu mellor estudoso, Sánchez Cantón, no seu discurso de ingreso na Academia Española, considerouno un poeta prerromántico: D. Francisco de Castro, poeta prerromántico (1949).
Na Guerra da Independencia formou parte da Xunta de Defensa e Armamento constituída en Compostela en 1808, o que lle trouxo complicacións coa Xunta da Coruña e polo que estivo preso no convento franciscano de Herbón.
De ideoloxía absolutista, tivo problemas cos gobernos liberais en 1821 e estivo cerca de estar desterrado ás illas Canarias.
Parece que en vida só publicou dous poemas, El ruiseñor, e unha versión castelá do Salmo XX dedicada a Fernando VII, pero a súa obra poética foi compilada en dous volumes en Ourense no ano 1841: Poesías de D. Antonio Francisco de Castro, cura en el Arzobispado de Santiago, e a titulada Las Glorias de Galicia en la Guerra de la Independencia cantadas por el Cura de Fruíme.
Antonio de la Iglesia recolleu catro dos seus poemas no Álbum de la Caridad, editado na Coruña en 1862. Tamén se ocupa deste poeta Otero Pedrayo, quen o consideraba un Meléndez Valdés compostelán.