Empatía veciñal

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Enrique Vázquez Pita

Noutras culturas urbanísticas como a norteamericana non pechan as leiras para manter unha relación máis estreita entre o público e o privado

05 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A moitos sóalle a chinés a expresión «empatía territorial», por ser un concepto urbanístico contemporáneo, un modelo para mellorar a convivencia dos veciños, facendo partícipes ás comunidades na toma de decisións en materia de infraestruturas e urbanismo, unha estratexia de integración nas cidades, vilas e aldeas.

Os portugueses xa ensaiaron experiencias positivas aplicadas ás aldeas e núcleos pequenos, pero sabemos que sempre levan vantaxe fronte a Galicia. Aquí chegan as novas ideas despois, se chegan. Noutras culturas urbanísticas como a norteamericana non pechan as leiras para manter unha relación máis estreita entre o público e o privado. E non senten a necesidade de pechalas perimetralmente.

Na Galicia rural hai un concepto que xa se considera patrimonio inmaterial: mover os marcos. Vinculado co minifundio, esta práctica entre particulares esténdese ao espazo público. Non hai participación veciñal nin reflexión colectiva, e polo xeral somos de ir movendo o peche ata chegar ao borde da cuneta -con algo de sorte-, sen pensar na maniobrabilidade e mobilidade do resto dos veciños da aldea.