O escritor Agustín Agra presenta «Silencio» no coliseo Noela de Noia

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

O autor estará acompañado por María Xesús Blanco e Antonio Piñeiro

25 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoy • 20.30 horas • Coliseo Noela de Noia • Agustín Agra volve á escena editorial despois de cinco anos co seu novo traballo, Silencio, que esta tarde se presentará coincidindo co acto mensual que organiza a asociación Barbantia. Ademais do autor, nesta cita estarán María Xesús Blanco e Antonio Piñeiro, da entidade cultural. Como broche final, contarase coa actuación do músico Pablo Sax.

 Debido ás medidas de seguridade por mor da crise do coronavirus é preciso reservar as localidades previamente. Os interesados en asistir deben enviar un correo á dirección pastor@barbantia.es.