Votación en marcha para elixir os debuxos da singradura dorneira deste ano

M. X. B. RIBEIRA

BARBANZA

MARCOS CREO

Son 16 os deseños que optan a ilustrar o cartel da singular festa e 18 os creados para os suadoiros

07 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Pechado o prazo para a presentación das ilustracións que optan a converterse en dous dos principais distintivos da singradura dorneira deste ano, a Real e Ilustre Cofradía vén de dar a coñecer os traballos que concorren aos dous certames convocados a través das súas redes sociais. Son 16 os debuxos que optan a ilustrar o cartel que se empregará para divulgar a singular festa e 18 os deseños creados para os suadoiros.

Aínda que a elección dos gañadores terá lugar nunha asemblea que a entidade pretende levar a cabo en canto sexa posible, os dorneiros xa poden dar a súa opinión a través de Facebook e Instagram. Este resultado rachará o empate en caso de que se produza.