O Ler Conta Moito segue con catro citas en Boiro, Ribeira, O Son, Rianxo e Noia

M. X. B.

BARBANZA

cedida

Para hoxe está previsto o desembarco de Charo Pita, Raquel Queizás, Cris Caldas, Fabaloba e Pedro Brandariz

28 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa Ler Conta Moito segue a desenvolverse en Barbanza co dobre obxectivo de animar aos nenos a mergullarse no mundo da literatura galega e tamén para promover a igualdade. Con estes fins recalará Raquel Queizás en Boiro (biblioteca, 12.00 horas). A escritora ofrecerá unha sesión de relatos titulada Somos iguais. Contos pola igualdade.

En Noia (biblioteca, 12.00 horas) será Charo Pita a que narre as súas entretidas historias aos cativos do municipio. Elixiu para a ocasión as aventuras da familia Papaventos.

Outra escritora e narradora, Cris Caldas, desembarcará en Rianxo (biblioteca, 12.00 horas) co espectáculo Kenka un kenko, que é unha mestura de contos, adiviñas, tradición oral e música en directo.

E en Ribeira (biblioteca, 12.00) será Fabaloba Teatro a compañía que convidará aos nenos de ata catro anos a gozar dunha entretida sesión de relatos e música, que se presenta como Quen canta alí.