O BNG de Rianxo abre a porta ao PSOE para formar «un goberno estable progresista»

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

O equipo de Adolfo Muíños comenzará as reunións cos socialistas a próxima semana

02 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Buscar a estabilidade. Esa é a principal conclusión que se extrae da asemblea que mantiveron os membros del BNG de Rianxo o pasado venres para analizar o resultados das eleccións municipais, nas que volveron ser a forza máis votada e conseguiron revalidar os seis concelleiros que xa tiñan. O alcalde en funcións, Adolfo Muíños, explicou que decidiron iniciar as negociacións cos responsables locais do PSOE, porque agora mesmo é a única opción que garante poder ter «un goberno estable progresista», xa que sumando os seus catro edís conseguirían a maioría.

Está previsto que esta semana que comeza se realicen os primeiros contactos para poder chegar a un pacto que permitiría un goberno de coalición entre BNG e PSOE. «Esa é a nosa primeira opción», insistiu Muíños, que tamén explicou que ten previsto falar cos membros de Rianxo en Común, aínda que os dous concelleiros que obtivo esta formación non serían suficientes para acadar a maioría necesaria. Se finalmente non hai acordo, o BNG volvería a gobernar en solitario.