Utrecht bis


Historicamente sempre mantivo todo o seu vigor aquel gran aserto, atribuído ao emperador romano Xulio César: Si vis pacem, para bellum (Se queres a paz, prepara a guerra). Non respectar este elemental principio foi a causa de que España perdese o seu grande imperio territorial e, aínda máis grave, que quedase relegada como potencia europea secundaria no século XVIII, como se plasmou no Tratado de Utrecht (1713).

Porque a cuestión de Xibraltar amosa que non somos os euro-escépticos, como tantas veces quedou reflectido nesta ventá, os que estamos trabucados. senón os eurófilos entusiastas, pero tiña que producirse unha catarse para que iso se visualizase, e nada menos que deixando nas mans do eixe franco-alemán o arranxo deste litixio histórico pendente da súa descolonización declarada pola ONU en 1968. En tempos de Franco!

Podería pensarse que se durante 300 anos convivimos con esta aldraxe tampouco estamos diante dunha hecatombe, pero España xógase moito máis que o prurito de incorporar á súa xeografía un pelouro. Xogámonos, por exemplo, qué vai pasar coa pesca de altura en augas non comunitarias ou a nosa posición no sector agroalimentario en comparanza con Irlanda do Norte.

Tampouco son unha cuestión menor as bases militares que os EUA teñen no noso país tendo en conta a proximidade de Morón de la Frontera e Rota coa rocha inglesa, sen esquecer que Xibraltar é un paraíso fiscal e un lugar idóneo para o narcotráfico que esa «idílica» UE nos vai esixir que controlemos nós, sen descartar que, asemade, o istmo podería ser unha gran porta de entrada da inmigración africana.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Utrecht bis