Roi Fresco: «O Ribeira é o rival a bater»

Segundo adestrador do Atlético Ribeira, recoñece que pelexarán polo ascenso


Roi Fresco (Boiro, 1980) exerce como segundo adestrador do Atlético Ribeira. Nas súas mans recae nestes intres a responsabilidade de dirixir ao actual líder de Segunda Galicia. Coñecedor da historia do club, confesa que pelexarán ata o último folgo por alcanzar a fase de ascenso.

-Como valora o inicio de liga?

-Creo que foi bastante bo. A idea que tiñamos era que o bloque se acostumase á categoría. Aquí impera outro estilo, moito máis físico. Temos bastantes rapaces que subiron do xuvenil e non poden facer as mesmas cousas que o ano pasado. En Segunda, se fas unha condución de dez metros, trónzanche. Aquí a xente é máis experta.

-Van líderes e no coñecen a derrota. O obxectivo é ascender?

-Primeiro queremos adaptarnos. O Ribeira é o rival a bater e o escudo obríganos a poñernos metas e a marcarnos obxectivos. Queremos deixar ao conxunto o máis alto posible. O club non pode permitirse outra cousa que non sexa subir. Sabemos que será complicadísimo porque calquera che mete en problemas. Ademais, pronto ou tarde, sufriremos algunha derrota.

-Que fútbol queren propoñer?

-Gústanos ter o balón, movelo. É o estilo que mellor encaixa cos nosos xogadores. Buscamos así incidir nos puntos febles do rival. Os futbolistas saben que deben xogar cada partido coma se fose o último.

-Sorprende encontrarse ao Ribeira en Segunda Galicia.

-Xa estivo hai uns dez anos, pero é certo, o Ribeira sempre foi un referente na zona e competiu en ligas como Terceira, Preferente ou Primeira Galicia. O obxectivo do club é regresar. Para nós foi complicado comezar este curso. Malas decisións que se tomaron hai anos seguen facendo moito dano, porque hai bos xogadores nesta localidade que non queren xogar no Atlético Ribeira. Se unísemos aos mellores dos nosos, do Artes e do Sálvora contariamos cun equipo para competir na parte alta de Preferente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Roi Fresco: «O Ribeira é o rival a bater»