Xa temos PBA


Sección Áurea

Xunta de Galicia acaba de aprobar o Plan Básico Autonómico (PBA) que vén sendo un plan de plans, un plan urbanístico que comprende aos 313 concellos galegos, nos que en 215 deles é o único plan urbanístico válido, e nos 98 restantes é de aplicación complementaria.

Tiveron que pasar 62 anos dende que se aprobou a primeira ordenación da era contemporánea, e levamos seis décadas desordenando o territorio. Xa non hai escusa agora para dicir que quedan lagoas sen regular, porque todo o que non estea nos plans ou normas municipais está no PBA. Con erros, sen dúbida, porque foi redactado con bastante celeridade e, moitas veces, sen a información completa -en materia de patrimonio cultural, por exemplo-, pero había

que facelo.

Era necesario ter un mapa urbanístico que comprendese dende Muxía ata Verín, dende Ribadeo ata A Guarda, unha guía que -na miña opinión- debería ser flexible e adaptarse tanto a cambios relevantes do pobo galego como a erros que se detecten.

Houbo un período de alegacións, como en calquera plan, pero son moitos concellos e moitas parroquias que revisar, e moita xente non tivo coñecemento del. En teoría, xa non haberá barbaridades urbanísticas porque está (case) todo regulado. Tamén queda atrás esa pelexa entre cidadáns e alcaldes para reclasificar o solo, porque calquera plan que se aprobe terá que concordar co PBA; non hai lugar para a enxeñaría urbanística local.

Con todo, os plans que estaban ao día deberían axustar os seus parámetros ao PBA e os plans en tramitación teñen que cumprir o que alí se indica. Do contrario, a Xunta non os vai aprobar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Xa temos PBA