Embarazados


Despois dos bicos e os abrazos veñen os embarazos, reza o noso rico e sabio refraneiro, e o embarazo español comezou o 23 de outubro de 1977 cando, dende o balcón do Palau de Sant Jaume, Josep Tarradellas dixo: «Citadans de Catalunya, ja soc aquí!». Con este regreso, Adolfo Suárez pretendía acalmar ás masas catalás anticipando o Estado das Autonomías que despois recollería a Constitución de 1978. Foi o abrazo do oso que logo manexou maxistralmente don Jordi Pujol durante 23 anos -por certo, moi ben recompensado co tropecentos por cen-, nada que ver co Estatuto de Galicia, que case no lo meteron con calzador para xustificar os de Euskadi e Cataluña, que tamén os andaluces reivindicaron alegando, con razón, ter aturado oito séculos a ocupación musulmá.

Pero, como na meirande parte dos embarazos, o máis complexo está no parto e a matrona aconsellou unha menciña chamada artigo 155, unha poción de efectos secundarios descoñecidos, pero non hai outra tan contundente, sendo o único antídoto do que se dispón na botica española. En todo caso, a cuestión de fondo está en se houbo a posibilidade de aplicar un remedio preventivo, un anticonceptivo axeitado ás quenturas que algunhas cabuxas hispanas viñan amosando.

Agora ben, esta rebelión catalá foi o mellor que nos podía pasar, xa que isto debe servir para reconducir o título oitavo da nosa Carta Magna. Os empresarios xa dixeron todo o que tiñan que dicir, que foi moito e decisivo. Agora queda por determinar se os políticos aprenderon o escarmento tendo en conta que o Estado das Autonomías foi un fracaso que cómpre reconducir.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Embarazados