Cabras

José Rodríguez Cabeza

BARBANZA

22 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

nha representación da asociación de veciños participaba nunha xuntanza co alcalde de onde vivo e cando lle reivindicamos a necesidade de facer unha rotonda para eliminar uns semáforos respondeunos que xa tiñan feito o proxecto, pero que acadaba uns douscentos mil euros, polo que teríase que esperar a ter os cartos. A contra-resposta foi: «Es que vosotros todo lo queréis hacer a lo grande», amosándolle que non custaría máis aló dos trinta mil, ¡como moito! Pois ben, semella que tamén no Goberno galego se lle dá prioridade e máis cartos a aqueles proxectos de amplo espectro que fardan nas páxinas dos xornais ou nos informativos da RTVG, que a outros moito máis humildes pero, no seu conxunto, de gran interese socio-económico galego e, por riba, con retorno.

Como calquera pode comprobar na web, a Xunta de Galicia dispón dunha sociedade xestora de entidades de capital risco (XesGalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U.), que cofinancia o desenvolvemento de empresas de alta tecnoloxía en sectores sanitarios, aeronáuticos, telecomunicacións, etcétera. O que pode estar ben, aínda que son de dubitativa solvencia e poden rematar como pasou coas caixas de aforro, pero non así con iniciativas de baixo custo (emporiso de baixo risco) e mellor solvencia, para mozos que avistan unha posibilidade no eido agro-alimentario mediante un pastoreo innovador que pretende criar cabras alemás de raza bóer.

Algo semellante temos na parroquia de Baroña (Porto do Son) ao que lle dedicaremos algunha columna, porque en Barbanza aínda queda moito chan baleiro para iso.