Motor de auga


Cando as barbas do veciño vexas pelar, pon as túas a remollar. A contaminación por dióxido de nitróxeno madrileña pode chegar, incluso, ás cidades e vilas de Barbanza. O núcleo urbano de Ribeira e as parroquias de Castiñeiras e Aguiño, o de Boiro e as parroquias de Abanqueiro e Cabo de Cruz, a parroquia do Xobre pobrense, analizando un mapa publicado neste xornal o pasado 16/04/2016, teñen moitas posibilidades de masificarse. Nótese que, ademais, son entidades a carón da ría polo que tanto poden recibir por terra como por mar.

No caso madrileño é inxusto que se lle atribúa a Manuela Carmena o problema. Tampouco foi cousa doutros alcaldes da vila capitalina. A culpa foi de Franco, e non se trata dunha desas ocorrencias que teñen os políticos, senón dunha realidade que agora mesmo calquera de vostedes pode constatar en YouTube poñendo no buscador de Google Arturo Estévez Varela. Este cabaleiro era un estremeño que aló polo ano 1970 descubriu o que el chamaba motor de auga co que facía rodar a súa motocicleta. Patentouno en Sevilla e cedeulle a patente ao Estado español para beneficio de todos os españois. Dende entón non se soubo nada máis de don Arturo.

Porque estamos diante doutro dos envelenamentos a que nos teñen sometidos os gobernos e os poderes fáticos, urbi et orbi, xa que o experimento -que non invento- do señor Estévez Varela consistía na aplicación do mesmo procedemento -electrólise- que na casa dos meus avós tiñan para alumear de noite, a luz de carburo. Concretando, o motor de hidróxeno (non contaminante) que Honda e Toyota xa están fabricando.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Motor de auga